Edición n.º 28 da Semana da lingua francesa e da francofonía (Clicade na imaxe para obter máis información) O proxecto levarase a cabo nunha aula de 3. º ESO do IES Cidade de Antioquía, Xinzo de Limia. A materia que se vai impartir é Lingua Estranxeira Francés a un total de 25 alumnos e alumnas. O que destaca deste grupo clase é a diversidade cultural, xa que contamos con 5 persoas provenientes de Marrocos e que se mudaron recentemente á vila. Xinzo de Limia é unha vila da provincia de Ourense que destaca pola súa gran comunidade marroquí. A inmigración por mor de causas económicas e laborais fixeron que varias xeracións de familias marroquís se instalasen en Xinzo. Ademais disto, tamén destaca a boa e exemplar convivencia cultural entre todo o pobo. Porén, neste grupo clase contamos con 5 alumnos/as que, por motivos familiares, chegaron hai pouco á vila. Isto implica positivamente un esforzo por parte do centro para acadar todos os obxectivos necesarios e que estas cinco per...