Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

Activité 5

Imagen
La langue française autour du monde Este código QR reforzará os coñecementos sobre os países nos que se fala francés tras localizar todos eles nun mapa.  Êtes-vous forts en géo ? En groupes ou individuellement, scannez ce code QR pour accéder à une carte interactive et localiser tous les pays où l'on parle français: https://www.geoguessr.com/seterra/fr/vgp/3210

Activité 4

Imagen
Tour virtual pola cidade Co obxectivo de presentar as cidades natais do alumnado, proponse realizar un tour virtual coa plataforma  RoundMe.  A partir desta creación, presentará na lingua estranxeira de maneira oral a actividade. Trátase dunha boa forma de coñecer as orixes de todos os compañeiros e compañeiras.  Ola a todos! Salut tout le monde ! Nesta actividade deberedes crear, coa plataforma RoundMe  un tour virtual dunha cidade que vos guste. Após de crear a visita virtual debedes preparar unha exposición oral en francés para presentarlles a cidade ás vosas compañeiras e compañeiros. Aquí podedes ver un exemplo de tour virtual na cidade de Vigo: https://roundme.com/tour/939947/edit/2947550 Bon travail !

Activité 3

Imagen
Chantez ! A música non pode faltar nunha clase de lingua estranxeira. A partir desta canción,  Sénégal Fast Food,  de Amadou&Mariam coa colaboración de Manu Chao, fomenta a cultura francófona e musical fóra de Francia. O grupo clase deberá cubrir os ocos co léxico correspondente á canción.  Salut tout le monde ! Vous allez regarder et écouter cette chanson intitulée Sénégal Fast Food, de Amadou&Mariam. Puis, vous avez les paroles de la chanson à remplir. Profitez-en ! Voici l'activité :

Actividade gastronómica

Unha cata culinaria do país natal de cada persoa resulta ser unha actividade moi interesante para cumprir cos obxectivos do proxecto. Ademais, será moi positivo implicar a todas as persoas do centro para crear un ambiente envolto pola diversidade. Deste xeito, incentivarase a que todas as persoas que o desexen preparen un prato típico do seu país. Por exemplo, o alumnado de Marrocos podería traer para degustar un cuscús. Esta actividade é unha boa iniciativa para implicar a todas as familias. Invitación Cata IES de Pablo GV

Contextualización

Imagen
Edición n.º 28 da Semana da lingua francesa e da francofonía (Clicade na imaxe para obter máis información) O proxecto levarase a cabo nunha aula de 3. º ESO do IES Cidade de Antioquía, Xinzo de Limia. A materia que se vai impartir é Lingua Estranxeira Francés a un total de 25 alumnos e alumnas.  O que destaca deste grupo clase é a diversidade cultural, xa que contamos con 5 persoas provenientes de Marrocos e que se mudaron recentemente á vila. Xinzo de Limia é unha vila da provincia de Ourense que destaca pola súa gran comunidade marroquí. A inmigración por mor de causas económicas e laborais fixeron que varias xeracións de familias marroquís se instalasen en Xinzo. Ademais disto, tamén destaca a boa e exemplar convivencia cultural entre todo o pobo. Porén, neste grupo clase contamos con 5 alumnos/as que, por motivos familiares, chegaron hai pouco á vila. Isto implica positivamente un esforzo por parte do centro para acadar todos os obxectivos necesarios e que estas cinco per...

Activité 2

Imagen
La francophonie dans le monde Coucou !  Trátase dun videoquiz para superar individualmente co fin de coñecer de maneira xeral que rol exerce o francés no mundo. Polo tanto, é unha actividade inicial para iniciarnos nesta semana cultural. O formato do videoquiz considérase unha boa ferramenta para manter a atención do alumnado.    

Activité 1

Imagen
Nesta actividade introdutoria presentarase a lingua francesa no mundo. Será un boa maneira de comezar este proxecto «Semana da lingua francesa e da  francofonía»  e comezar cos coñecementos principais de en que países se fala francés. Trata dun vídeo co obxectivo de responder un  WordWall  sobre esta temática. Vous allez regarder cette vidéo sur la langue française dans le monde. Puis, vous trouverez ci-joint une activité. Bon travail ! Voici l'activité: Dites si les affirmations sont vraies ou fausses: