Actividade gastronómica

Unha cata culinaria do país natal de cada persoa resulta ser unha actividade moi interesante para cumprir cos obxectivos do proxecto. Ademais, será moi positivo implicar a todas as persoas do centro para crear un ambiente envolto pola diversidade. Deste xeito, incentivarase a que todas as persoas que o desexen preparen un prato típico do seu país. Por exemplo, o alumnado de Marrocos podería traer para degustar un cuscús. Esta actividade é unha boa iniciativa para implicar a todas as familias.
Invitación Cata IES de Pablo GV

Comentarios